InicioSociedadeUn equipo de 40 alumnos da UVigo será apoiado no desenvolvemento dun...

Un equipo de 40 alumnos da UVigo será apoiado no desenvolvemento dun proxecto pola Axencia Espacial Europea

A misión BIXO da UVigo SpaceLab é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot.

PUBLICADO O

- Advertisement -

misión BIXO da UVigo SpaceLab é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o que supón que este equipo, composto por case 40 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo, contará co apoio de especialistas de máximo nivel durante o desenvolvemento desta iniciativa.

Dita misión, que pretende pór en órbita o satélite máis pequeno con cargas biolóxicas, será supervisada pola ESA, que se “implicará de cheo” no peche do deseño e as probas, segundo indicou o coordinador do proxecto, Manuel Diz.

Precisamente Diz mostrouse “tremendamente satisfeito” con este novo éxito para o equipo, que se suma a outros logros recentes como o feito de ser seleccionados pola Academia chinesa de tecnoloxía de vehículos de lanzamento para ser enviado ao espazo en 2024.

Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), competían con outros 11 equipos de estudantes de diferentes universidades europeas, dos que seis pasaron a criba.

O programa ten unha duración dun ano e durante ese tempo a ESA acompañará aos integrantes de UVigo SpaceLab no desenvolvemento da misión.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...