InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa reprochan a Abel Caballero que non estea a mediar...

Traballadores de Vitrasa reprochan a Abel Caballero que non estea a mediar no conflito coa empresa

Sinalan ao goberno local como "último responsable" da situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo, reprocharon este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que non estea a mediar no conflito que teñen coa compañía, tras máis de mes e medio levando a cabo paros parciais.

Nunha concentración convocada diante do Concello de Vigo, o presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso, sinalou ao goberno local como “último responsable” da situación.

“Non sabemos por que. Está (Caballero) moi contento coas súas luces. Esperamos que cando todo isto acabe teña un momento para nós. Son os seus cidadáns os que están a pagar todo o pato”, lamentou Arnoso.

Todo iso despois de desmentir as últimas informacións vertidas pola empresa, nas que Vitrasa asegurou que os traballadores pretendían prexudicar aos vigueses cos seus paros. “Loxicamente cando hai folga alguén ten que saír prexudicado, pero se alguén quere facelo é Vitrasa”, subliñou.

O presidente do comité de empresa criticou a “nula” vontade da firma por sentar a falar cos traballadores e lamentou que Vitrasa pretenda pór as súas contas ao día “roubando” aos empregados.

Pola súa banda, á manifestación tamén acudiu o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, quen mostrou o seu apoio aos traballadores e asegurou que para el “sería unha boa noticia que Vitrasa crebase”, xa que desa maneira sería o Concello quen asumiría o servizo, algo que ve “perfectamente asumible” con recursos públicos.

Na mesma liña falou o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, que pediu a Abel Caballero que “deixe de comportarse como conselleiro delegado de Vitrasa” e comece a garantir os dereitos laborais dos empregados.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...