InicioMovementos SociaisVitrasa continúan con paros os luns, mércores e venres a partir do...

Vitrasa continúan con paros os luns, mércores e venres a partir do próximo día 23

PUBLICADO O

- Advertisement -

comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria de transporte urbano do Concello de Vigo, informou este xoves dos próximos pasos que darán os traballadores da compañía para lograr un avance na negociación do convenio, caducado desde 2020, e melloras nas condicións laborais.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o comité de empresa agradeceu o apoio durante as mobilizacións realizadas ata o momento.

Así mesmo, o comité de empresa lamentou que a dirección da compañía e o Concello de Vigo “non movesen un dedo para buscar unha solución” ás numerosas queixas dos usuarios afectados pola situación.

Os representantes dos traballadores consideran que tanto a empresa como o Concello de Vigo estiman “irrelevantes” aos usuarios deste servizo que “necesita de maneira urxente que se renove con normalidade”.

“DEIXAMENTO” DO CONCELLO DE VIGO

“A pesar de ser un servizo público esencial, o alcalde en ningún momento tentou mediar nun conflito laboral que afecta a toda a cidadanía e é competencia municipal. Esta actitude de deixamento contrasta coa tomada polos rexedores doutras cidades nas que a súa intervención facilitou chegar a un acordo”, cuestionaron desde o Comité de empresa.

Por todo iso, os representantes dos traballadores de Vitrasa anunciaron este xoves que as mobilizacións continuarán e farano a partir do próximo venres, 23 de decembro, en novos horarios.

Estes paros realizaranse os luns, mércores e venres, excepto festivos, de 18.30 a 20.30 horas; o xoves, 5 de xaneiro, de 19.00 a 21.00 horas; e, a partir do luns, 9 de xaneiro, retomaranse os horarios nos que actualmente levan a cabo os paros, de 07.30 a 09.00 horas, de 14.00 a 15.00 horas e de 00.00 a 01.30 horas.

Así mesmo, os traballadores de Vitrasa concentraranse fronte ao Concello de Vigo os días 20 e 28 de decembro ás 10.00 horas para “deixar claro que están fartos da situación” e “esixir unha solución”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...