InicioSucesosComisadas varias bolsas de cocaína preparadas para a súa venda a un...

Comisadas varias bolsas de cocaína preparadas para a súa venda a un home en Redondela

Os axentes encontraron entre as pertenzas do aludido unha gran cantidade de bolsas pequenas plásticas, que contiñan na súa interior cocaína, preparadas para a súa venda e consumo, ademais de 300 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home na localidade pontevedresa de Redondela por un delito de tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos sucederon a medianoite do pasado mércores, 7 de decembro, cando unha patrulla da Policía Nacional que estaba nas inmediacións da praia de Cesantes observou ao home nada máis ver ás autoridades mostrar unha actitude sospeitosa e, posteriormente, fuxir do lugar.

Tras escapar da zona, os funcionarios perseguiron ao home e, cando lograron interceptalo, este mostrouse moi nervioso e violento, chegando a ser necesaria a presenza no lugar doutras patrullas tanto da Policía Nacional como da Policía Local de Redondela.

Os axentes encontraron entre as pertenzas do aludido unha gran cantidade de bolsas pequenas plásticas, que contiñan na súa interior cocaína, preparadas para a súa venda e consumo, ademais de 300 euros. Por iso, o home foi detido pola Policía nacional por un delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...