InicioSociedadeA UVigo participa nun 'megaproxecto' europeo na procura da transición ecolóxica

A UVigo participa nun ‘megaproxecto’ europeo na procura da transición ecolóxica

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) foi unha das entidades seleccionadas para participar neste proxecto financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte Europa con máis de 15 millóns de euros e no que participan un total de 73 institucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) foi unha das entidades seleccionadas para participar nun ‘megaproxecto’ europeo financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte Europa con máis de 15 millóns de euros e no que participan un total de 73 institucións, ademais das principais infraestruturas de investigación da Unión Europea relacionadas coa agricultura.

O proxecto, chamado Integrated SERVices supporting a sustainable AGROecological transition (Servizos integrados que apoian unha transición agroecológica sustentable), tamén denominado AgroServ, trátase dun consorcio co que se busca facilitar a transición ecolóxica e o desenvolvemento dun sistema agroalimentario sustentable.

Segundo informou o Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI), a súa duración é de cinco anos e atópase liderado desde Francia polo Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS).

Nesta iniciativa, a Universidade de Vigo atópase representada polo laboratorio de Fisioloxía de Peixes PHYStoFISH, unidade dirixida polo catedrático José Luís Soengas, e a Estación das Ciencias Mariñas (Ecimat).

“Participar neste proxecto supón un gran reto, non só polas dimensións e tarefas previstas, senón tamén pola aproximación nova de traballar para a xeración dunha comunidade de servizos que sexa útil para o sector produtivo”, sinalou o principal responsable do proxecto na Universidade de Vigo, José Luís Soengas.

Ademais de Soengas, o equipo de traballo da UVigo está composto polos profesores Jesús Miguez e Marcos López, a investigadoras Marta Conde e Ayelén Branco e o director de Ecimat, José Manuel García.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...