InicioEconomíaVigo rexistrou na macroponte de decembro unha ocupación hoteleira de case o...

Vigo rexistrou na macroponte de decembro unha ocupación hoteleira de case o 93%

"Isto non sucedeu nunca. Nunca houbo na historia da cidade 10 días seguidos con estes niveis de ocupación", di o alcalde Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o nivel de ocupación hoteleira durante a macroponte de decembro rozou o 93%. Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor cualificou este feito de “impresionante”. “Isto non sucedeu nunca. Nunca houbo na historia da cidade 10 días seguidos con estes niveis de ocupación”, sinalou.

Caballero tamén destacou que Vigo foi “de longo” o destino turístico de España na macroponte de decembro foi Vigo.

“Ademais da ocupación hoteleira, hai as viaxes de ida e vinda e isto xa chega a niveis inestimables neste momento. Teremos os datos pero basta como exemplo ilustrativo o Belén da Casa das Artes que se abriu ao público o 26 de novembro e desde ese día ata este domingo, 11 de decembro, tivo 74.000 visitas, o mesmo que en todo o Nadal de 2019. O nivel de afluencia está a ser excepcional”, engadiu.

TRÁFICO EN VIGO

Por outra banda, Caballero asegurou que o tráfico na cidade durante o Nadal é “difícil”. “Estamos a ter centos e centos de miles de visitantes e por tanto o tráfico reséntese”, sinalou.

“Eu non descarto nada de cousas adicionais a facer, pero cando alguén inclumpre as normas hai que actuar. Houbo 17 vehículos, 15 estranxeiros, que as incumpriron esta fin de semana e foron multados, a algúns turismos mesmo se lle puxeron cepos”, asegurou o rexedor vigués.

Caballero tamén lembrou que “o centro da cidade é case reservado para peóns”. “Eu témome que a xente quere chegar co coche ao centro e isto non é posible porque son moitos coches e o centro non ten cabida para esa gran acometida pero o Nadal está a ser excepcional”, sentenciou.

CRÍTICAS DO BNG

Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) esixiu ao goberno local unha rectificación urxente do plan de tráfico e o dispositivo de seguridade do Nadal para “evitar unha desgraza”.

O concelleiro e candidato á alcaldía de Vigo do BNG, Xabier Pérez Igrexas, cualificou de “caos perigosísimo” o vivido na última fin de semana.

Así mesmo, demandou un maior número de efectivos de Policía Local e Protección Civil, así como un reforzo do transporte público e a habilitación de zonas de aparcadoiro disuasorio nos accesos á cidade.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...