InicioSucesosFalece un home en Vigo despois de sufrir unha caída mentres colocaba...

Falece un home en Vigo despois de sufrir unha caída mentres colocaba as luces de Nadal no seu domicilio

Atopábase colocando os adornos de Nadal nun balcón da vivenda, que non contaba con varanda, e precipitouse ao chan desde unha altura dun catro metros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu este sábado en Vigo despois de sufrir unha caída mentres colocaba a iluminación do Nadal nun balcón do seu domicilio, situado na parroquia de Valadares. Ao parecer, a vítima atopábase colocando os adornos de Nadal nun balcón da vivenda, que non contaba con varanda, e precipitouse ao chan desde unha altura dun catro metros. Debido á caída, sufriu un forte golpe na cabeza que lle provocou a morte pouco despois.

Até o lugar dos feitos, que se produciron a media tarde deste sábado, desprazáronse os servizos sanitarios, así como membros da Policía Local de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...