InicioSociedadeO vindeiro luns abrirá o túnel de Lepanto para volver a pecharse...

O vindeiro luns abrirá o túnel de Lepanto para volver a pecharse en febreiro pola obra do ascensor Halo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o túnel de Lepanto porase en funcionamento o vindeiro luns, 12 de decembro, ata o mes de febreiro de 2023, momento no que se pechará debido ás obras do ascensor Halo.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor vigués sinalou que esta obra, que supuxo unha “enorme complexidade”, trátase dun dos grandes “fitos históricos da cidade de Vigo”.

O túnel de Lepanto, que forma parte do conxunto das obras de acceso á estación de Urzaizrequiriu de 356 pilotes, cun peso total duns 280.000 quilos de formigón armado, ao longo de 2 quilómetros e medio.

Caballero destacou que máis do 74 % do orzamento, 8,8 millóns de euros, foi achegado por parte do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). “O Concello de Vigo achegou máis do 21 % do orzamento, 2,5 millóns de euros, e a Xunta de Galicia escasamente medio millón de euros”, engadiu.

“Téñolle que agradecer a Adif polo traballo e a achega nas obras do túnel de Lepanto. O luns entramos nunha nova etapa das saídas da cidade de Vigo e da conexión da AP-9“, sinalou.

Caballero tamén lembrou que o túnel de Lepanto será cortado novamente a mediados do próximo mes de febreiro durante aproximadamente un mes polas obras do semicírculo do ascensor Halo. “A mediados de marzo, o túnel de Lepanto estará aberto para sempre“, sentenciou.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...