InicioEconomíaCaballero destaca a cifra "marca" de 65% de ocupación hoteleira en novembro

Caballero destaca a cifra “marca” de 65% de ocupación hoteleira en novembro

Di que outros anos a ocupación na cidade nese mes era "practicamente nula".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a cidade superou en novembro o 65% de ocupación hoteleira media, o que supón a cifra máis alta de toda a serie histórica nese mes.

Sempre segundo cifras do rexedor, en novembro superouse a marca de visitantes no devandito mes, que ata a data ostentaba novembro de 2019, cun 59% de ocupación. Todo iso a pesar de tratarse dun mes “practicamente nulo” en turismo, anos atrás.

En novembro, case o 60% dos visitantes que se hospedaron na cidade procedían do resto de España, mentres que un 19% eran galegos e a cifra de internacionais roldou o 12%, con Portugal á cabeza. Caballero puxo en valor a importancia do Nadal para lograr estes datos. Ademais, volveu a subliñar que esta semana e a próxima, Vigo colgará o cartel de completo.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...