InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra sumará axudas ao plan de financiamento de concellos...

A Deputación de Pontevedra sumará axudas ao plan de financiamento de concellos para Catoira, Arbo, Marín e Moaña

A Deputación de Pontevedra aprobará novas axudas do Plan Concellos destinadas aos municipios de Catoira, Arbo, Marín e Moaña, que serán levadas á xunta de goberno deste venres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra aprobará novas axudas do Plan Concellos destinadas aos municipios de Catoira, Arbo, Marín e Moaña, que serán levadas á xunta de goberno deste venres.

Así o avanzou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que compareceu este xoves en rolda de prensa para dar conta dos asuntos que ten previsto aprobar a xunta de goberno provincial que se celebrará este venres.

Este catro novas axudas do Plan Concellos 2022-2023 irán parar a actuacións nos os concellos de Catoira, Arbo, Marín e Moaña. Ademais, está prevista a adxudicación por máis de 222.000 euros de obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9401 que comunica a Travesía Meis-San Salvador coa ligazón da Autovía do Salnés (AG41).

Nesta mesma xunta de goberno aprobaranse as bases para Pontegal 2023, que ten como obxectivo promover que o tecido asociativo da provincia poida levar a cabo actividades no ámbito das artes e a cultura. Segundo informou a presidenta da Deputación, terá un orzamento de 800.000 euros, isto supón 200.000 euros máis que no ano 2022.

Igualmente, Carmela Silva indicou que se porá en marcha o programa de termalismo social ‘Depotermal’, unha iniciativa que ten como finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas como balnearios, talasos ou spa.

Na edición do próximo ano, a deputación ofrecerá 3.500 prazas nas súas dúas modalidades: unha de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas e outra con pernoctación en réxime de pensión completa, de domingo a venres. Carmela Silva lembrou que “durante estes 5 anos participaron 16.500 persoas” neste programa.

ILUMINACIÓN DO NADAL

Nesta mesma comparecencia de prensa, Carmela Silva tamén anunciou que a Deputación de Pontevedra vai realizar un proxecto de iluminación monumental e paisaxística do xardín de excelencia internacional e do exterior do Castelo de Soutomaior para “pór en valor a beleza desta xoia patrimonial cun deseño lumínico eficiente”.

Precisamente, este xoves a Deputación inaugura a súa iluminación e decoración ás 18,30 horas na sede de Vigo, ás 19,00 horas na cidade infantil Príncipe Felipe e ás 20,00 horas no Pazo provincial está última incluirá unha chocolatada. O venres ás 18,30 acenderanse as iluminacións do Nadal do Castelo de Sobroso e Castelo de Soutomaior “cun mercadillo de nadal, talleres infantís e visitas teatralizadas”.

NOVO GALARDÓN

Por último, Carmela Silva comunicou que a Deputación de Pontevedra acaba de recibir un galardón internacional por incluír a Ruta dos Fenicios na súa estratexia de promoción turística.

“Valoraron a nosa aposta pola innovación no patrimonio cultural e vitivinícola e un turismo responsable, creativo, vivencial e sustentable” sinalou a presidenta, que se referiu a as previsións turísticas para os próximos días avanzando que “os datos para a ponte de decembro son extraordinarios, os mellores que houbo nunca”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...