InicioEconomíaO sector naval de Vigo sae á rúa para esixir maiores medidas...

O sector naval de Vigo sae á rúa para esixir maiores medidas de seguridade tras o falecemento dun operario

"Non pode ser que saiamos da casa e xa non volvamos máis", aseguran.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do sector naval de Vigo, unhas 1.500 persoas segundo fontes sindicais, saíron á rúa este venres para esixir maiores medidas de seguridade tras o falecemento dun operario de 42 anos de idade que foi esmagado este xoves, 24 de novembro, por un bloque de aceiro de grandes dimensións mentres se dispuña a realizar a descarga do mesmo no estaleiro vigués Cardama.

A manifestación, convocada polos sindicatos CC.OO., UGT FICA e CIG, parou as máquinas do sector naval vigués, como é habitual tras o falecemento dun traballador para mostrarlle o seu respecto.

Os empregados saíron dos diferentes estaleiros da cidade sobre as 09,30 horas para dirixirse ata a Delegación Territorial da Xunta en Vigo, onde esixiron maiores medidas de seguridade e o retorno das mesas do Sector Naval, entre elas a de prevención de riscos.

“MÁIS SEGURIDADE”

Estas noticias sempre son un mazazo“, sinalou Celso Carneiro, de Comisións Obreiras (CC.OO.). “É algo inaudito e que non acabamos de entender, o como un traballador vai ao seu posto de traballo como todos os días e xa non volve a casa. O impacto que este feito ten para a súa familia, os seus amigos e os seus compañeiros. É o máis triste que hai, que un compañeiro perda a súa vida no seu posto de traballo”, engadiu.

Carneiro tamén indicou que, este venres, o sector saíu á rúa nunha mobilización ata a delegación da Xunta en Vigo para “arroupar á familia do falecido e esixir maiores medidas de seguridade nunha industria tan dura e complicada como é o naval”.

Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG-Industria Vigo, Xulio Fernández, comentou que o sector “sente rabia” por “algo que se está producindo habitualmente”. “Xa hai un ano faleceu outro traballador e non se puxeron medios para paralo. Nin a Xunta, nin inspección de traballo, que teñen competencias en poder solucionalo están a mirar para outro lado deixando que a precariedade e as empresas piratas estean a facer que os traballadores do sector sexan carne de canón”, engadiu.

MESA DO NAVAL

Os sindicatos reclamaron este venres que se reúna a mesa do sector naval, un feito que non sucede desde hai 12 anos, para impedir que se repitan situacións como a ocorrida este xoves no estaleiro Cardama, situado na Avenida de Beiramar da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...