InicioSociedadeCorte de tráfico este xoves na A-55 á altura de Tui por...

Corte de tráfico este xoves na A-55 á altura de Tui por obras até o domingo

Desde a Garda Civil recomendan "usar itinerarios alternativos e extremar a precaución ante as posibles colas de retención que xeren os cortes na A-55"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil informou de que a partir deste xoves, 24 de novembro, e ata o vindeiro domingo, 27 de novembro, produciranse cortes na A-55 á altura do municipio pontevedrés de Tui.

Tal e como sinalaron fontes da Benemérita, as obras levarán a cabo á altura do quilómetro 29 da A-55, no novo viaduto de acceso ao polígono industrial de Areas.

Por iso, será necesario o corte total da autovía este xoves, 24 de novembro, desde as 22,00 horas ata as 06,00 horas do próximo venres, 25 de novembro. O corte repetirase ás 22,00 horas deste venres, 25 de novembro, ata as 17,00 horas do domingo, 27 de novembro.

Durante o momento no que se produzan os cortes habilitaranse desvíos, que estarán “debidamente sinalizados”, pola PO-340, a PO-552 e a PO-551.

Desde a Garda Civil recomendan “usar itinerarios alternativos e extremar a precaución ante as posibles colas de retención que xeren os cortes na A-55”.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...