InicioSucesosRescatada unha familia atrapada na súa casa de Ponteareas polo desbordamento do...

Rescatada unha familia atrapada na súa casa de Ponteareas polo desbordamento do río Tea

A auga chegaba ata as fiestras nalgunhas vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha familia de Ponteareas tivo que ser rescatada na tarde deste mércores da súa vivenda, na que se quedou atrapada polo desbordamento do río Tea.

Moitos dos veciños optaron por permanecer na parte alta das súas casas ata que mellorase a situación, pero esta parella –xunto a un neno e a súa mascota– acabou por solicitar axuda para ser rescatados polos bombeiros “debido á desesperación que comezaban a experimentar”.

Ao parecer, segundo informa o servizo de emerxencias, desde as 9,30 horas da mañá esperaban que as condicións mellorasen. Con todo, sobre as 15,00 da tarde, optaron por pedir auxilio.

Eran varios os particulares os que chamaron desde primeira hora da mañá do desbordamento do río Tea ao paso da Ponte das Partidas. O caudal invadía xa a estrada e alagaba algunhas vivendas, que tiñan a auga á altura das xanelas.

Así, o GES de Ponteatras, Protección Civil, Policía Local e os bombeiros prestaron axuda aos ocupantes das vivendas afectadas. Tal e como indicaban a Europa Press os efectivos de Protección Civil, a situación no municipio pontevedrés foi “especialmente complicada” nas parroquias da Freixa e Moreira.

O Tea é un dos 10 ríos sobre os que a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) mantén activado o plan especial contra as inundacións (Inungal), que tamén afecta ao Lérez, Verdugo, Oitavén, Mera, Mandeo, Furnelos, Deva, Ouro e Arnoia.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...