InicioVigo e contornaVigoComeza a instalación da árbore de Nadal xigante en Vigo con 35,5...

Comeza a instalación da árbore de Nadal xigante en Vigo con 35,5 metros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén puxo en valor que o Concello xa traballa na montaxe doutras grandes figuras, como unha bóla de Nadal, un boneco de neve de luces ou un castelo, entre outras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou xa a instalación da súa árbore de Nadal xigante, que este ano crecerá ata os 35,5 metros de altura, 50 centímetros máis que nas festas pasadas, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero.

A árbore conta cunha nova localización, situándose na Porta do Sol da cidade olívica. Tamén dispón dunha base de metro e medio de alto, polo que en total crecerá ata os 35,5 metros.

Este Nadal, a árbore xigante de Vigo contará con dúas novas cancións que soarán ao ritmo das luces, contabilizando un total de seis músicas.

“Vigo xoga en luces de Nadal nunha liga distinta. Na liga de Vigo está Nova York, París, Roma ou Berlín. Non xoga calquera. Despois hai outra liga na que xogan outras cidades como Madrid ou Barcelona“, declarou o rexedor vigués.

Caballero tamén puxo en valor que o Concello xa traballa na montaxe doutras grandes figuras, como unha bóla de Nadal, un boneco de neve de luces ou un castelo, entre outras.

Todo iso para que a cidade estea lista para o próximo 19 de novembro, cando levará a cabo o acto de aceso oficial das luces de Nadal, dando o pistoletazo de saída ás festas, que durarán preto de dous meses.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...