InicioEconomíaO Parlamento galego pide prazos e diñeiro para a conexión de Vigo...

O Parlamento galego pide prazos e diñeiro para a conexión de Vigo con Porto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos na Cámara galega uníronse para reclamar avances na conexión por liña de alta velocidade ferroviaria entre Vigo e O Porto, para a que demandan prazos e partidas orzamentarias que permitan avanzar nunha infraestrutura que PP, BNG e PSdeG consideran “fundamental”. Así figura nunha iniciativa parlamentaria presentada polo Grupo Popular e que foi aprobada co respaldo de todo o hemiciclo na sesión plenaria celebrada este mércores no Pazo do Hórreo.

O texto, defendido pola deputada do grupo maioritario Teresa Egerique, demanda avances “inequívocos” nos tramos entre Vigo e O Porriño e entre esta localidade pontevedresa e a fronteira lusa a través de partidas nas contas de 2023 “que permitan compasar os tempos á planificación prevista polo Goberno de Portugal”, que establece como marco temporal o ano 2030 para a chegada do AVE a Valença do Minho.

E é que a parlamentaria popular lamentou que o Goberno central “só” orzamentase 29.000 euros de face ao próximo ano e “cero” de cara “aos próximos exercicios” para esta infraestrutura “estratéxica”, o que, a xuízo de Egerique, contrastra coa forma de proceder os seus homólogos en Portugal, que “demostran” o seu compromiso “con prazos, plans e diñeiro”.

“Imos apoiar porque é unha actuación fundamental para os dous países e para Galicia. Pero pedimos que non tenten torpedear as relacións dos gobernos de Portugal e España”, aseverou a deputada socialista Patricia Otero, que defendeu que o compromiso do Executivo de Pedro Sánchez coa conexión por alta velocidade entre Vigo e O Porto “é total”

Pola súa banda, o BNG responsabilizou a PP e PSOE de que esta conexión aínda estea pendente de ser unha realidade en 2022, ano no que o AVE Vigo-O Porto vive “un novo tempo” debido ao Goberno portugués, “que lle dixo ‘non’ ao Goberno español, que a súa prioridade non era unha liña entre Madrid e Lisboa”.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...