InicioPolíticaCaballero defende ante a Ministra de Transición Ecolóxica a recuperación do areal...

Caballero defende ante a Ministra de Transición Ecolóxica a recuperación do areal de Samil

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, e mais a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, mantiveron este martes pola mañá unha reunión na que falaron, entre outros temas, da “recuperación do areal de Samil, a recuperación medioambiental dun dos grandes arenais de España”.

Ademais, a FEMP e o Ministerio de Transición Ecolóxica crearán un grupo de traballo no que abordarán o ciclo integral do auga nas cidades, un proceso no que se inclúen tanto a garantía de abastecemento como a depuración das augas residuais.

O Presidente da FEMP destacou ante a Ministra de Transición Ecolóxica do Goberno de España a necesidade de facer unha nova formulación ante os efectos das secas que acompañan ao cambio climático.

Abel Caballero e Teresa Ribera/ Concello de Vigo

As condicións climáticas, asegurou Caballero, cambiaron, e “a garantía de abastecemento que existía hai medio século, hoxe non existe”. Tamén é preciso traballar nas condicións de saneamento e depuración de augas de numerosos municipios.

Ambos coincidiron en valorar a importancia do papel que os Gobernos Locais teñen á hora de traballar contra o cambio climático e de favorecer a transición enerxética. As cidades, o espazo no que se producen as maiores emisións e o maior consumo de recursos, son tamén a contorna no que a actuación resulta máis eficaz.

Por iso, a Ministra manifestou a Caballero o seu interese en contar coa Federación de Municipios e Provincias, tanto á hora de emprender accións concretas como na elaboración dunha futura Lei contra o cambio climático, na que se tomen en consideración cuestións tan relevantes a nivel local como a transición enerxética, a calidade do aire, a xestión de residuos ou a edificación sostible.

Trataron tamén na súa reunión o transvase de emerxencia do río Vergugo ao Oitavén, “que pode ser necesario en momentos de seca”. Engadiu ademais Caballero que este trasvase é “obrigación da Xunta de Galicia, acordado entre este concello e a Xunta, pero o señor Feijóo o paralizou totalmente e nin sequera iniciou a obra”.

A reacción da ministra ás súas peticións, asegura Caballero, foi “totalmente distinta” da que tivera a Ministra de Rajoy.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...