InicioComeza o percorrido de Cinco Maletas Viaxeiras contra a Violencia de Xénero...

Comeza o percorrido de Cinco Maletas Viaxeiras contra a Violencia de Xénero pola provincia de Pontevedra con 68 libros

A primeira delas saíu da Lama con destino ao municipio de Moaña e posteriormente ao de Covelo, onde conclúe a súa estancia o próximo día 30.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cinco ‘Maletas Viaxeiras contra a Violencia de Xénero’ (MAVI) iniciaron o seu percorrido pola provincia de Pontevedra. A primeira delas saíu da Lama con destino ao municipio de Moaña e posteriormente ao de Covelo, onde conclúe a súa estancia o próximo día 30.

A Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra ten unha lista de espera de máis de vinte concellos e entidades particulares que se poderán ver beneficiadas desta iniciativa que este martes foi presentada en rolda de prensa pola subdelegada, Maica Larriba, e coa que tratan de achegar, especialmente ás mulleres, unha serie de libros que poden axudar á reflexión, á sensibilización e á concienciación en moitas situacións de vulnerabilidade das propias mulleres.

Acompañada da xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, Manuela Vilaboy, Maica Larriba anunciou que “debido á gran demanda” puxéronse en marcha outro catro MAVI que se trasladarán pola provincia para que sexan accesibles por máis persoas nun espazo de tempo máis curto.

Deste xeito espérase incrementar o seu impacto e a poboación alcanzada “para que mediante a lectura, as mulleres e nenas poidan achegarse a temas como o feminismo, a violencia de xénero, o empoderamiento e a autoestima, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan a violencia machista”.

En total, o cinco maletas contarán con 68 libros, dos que 15 son dirixidos ao público máis novo e o resto a persoas adultas.

Maica Larriba incidiu na necesidade de achegar estas lecturas á mocidade porque a día de hoxe o portal estatístico de violencia de xénero ten rexistradas nesta provincia a sete vítimas con menos de 18 anos e tres agresores menores de idade, “o que demostra que a violencia machista non é unha cousa de persoas maiores e que os mozos están a reproducir estereotipos que perviven na nosa sociedade”.

Aínda que os menores apenas supoñen o 0,5 por cento das vítimas rexistradas na provincia de Pontevedra, que a día de hoxe son 1.343, “revelan que segue resultando imprescindible que eduquemos en valores de igualdade e respecto e a lectura é unha forma de chegar tanto ás vítimas como a posibles agresores“, sinalou a subdelegada.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...