InicioSociedadeTres homes detidos en Vigo por violencia machista durante este fin de...

Tres homes detidos en Vigo por violencia machista durante este fin de semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres homes foron detidos durante este fin de semana na cidade de Vigo por episodios de violencia machista exercidos contra as súas parellas.

Segundo informou a Policía Local este luns, o primeiro arrestro produciuse na tarde do venres nunha vivenda da rúa Aragón, onde unha muller de 78 anos sufriu unha agresión por parte do seu marido, de 72 anos de idade. Á chegada dos axentes, a vítima atopábase na entrada do edificio tras fuxir do seu marido, que, segundo a policía, non negou os feitos.

Un día máis tarde, outro home, de 41 anos, foi arrestado despois de que unha muller denunciase ser golpeada na cara por el. Os feitos tiveron lugar ás 19,40 horas nunha vivenda da rúa Conde Torrecedeira, onde acudiu unha patrulla da Policía Local. A vítima presentaba un forte impacto na cara e foi derivada ao hospital Álvaro Cunqueiro para que recibise tratamento médico.

A última das detencións produciuse na mañá do domingo, cando a central de coordinación recibiu unha chamada na que se pedía axuda para unha muller que estaba a ser agredida por un home na confluencia da rúa Aguia coa avenida Alcalde Gregorio Espino.

Á súa chegada ao lugar, os axentes atoparon unha muller chorando na rúa que aseguraba que un home, co que tivera unha relación e agora se vía esporadicamente, a agrarrara pola cara suxeitándolle as mandíbulas coas mans e rompeulle o teléfono móbil. O detido ten 44 anos e é veciño de Vigo.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...