InicioSucesosAtracan a punta de pistola unha oficina bancaria de Vigo deixando cinco...

Atracan a punta de pistola unha oficina bancaria de Vigo deixando cinco persoas coas mans atadas

Polo momento non se detivo nin identificou a ningún dos atracadores. Tamén se descoñece se fuxiron andando, nun coche ou se había máis cómplices no exterior do banco esperando.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas atracaron a punta de pistola unha oficina bancaria na tarde deste venres en Vigo deixando tres empregados e dous clientes coas mans atadas no  interior da sucursal.

Tal como informaron fontes da Policía Nacional a Europa Press, os feitos ocorreron á altura do número 377 da avenida do Aeroporto sobre as 14,30 horas deste venres, cando dous atracadores entraron nunha oficina de Abanca, atando as mans aos seus empregados e aos clientes que naquel momento estaban local.

Un dos  atracadores estaría armado cunha pistola, mentres que o outro portaba unha navalla. Tras coller o diñeiro que había na caixa forte e no caixeiro, lograron saír do lugar.

Foron os propios empregados os que chamaron aos corpos de seguridade unha vez os ladróns, de entre 50 e 60 anos de idade, xa fuxiran do lugar.

Polo momento non se detivo nin identificou a ningún dos atracadores. Tamén se descoñece se fuxiron andando, nun coche ou se había máis cómplices no exterior do banco esperando.

Na actualidade, os axentes están a realizar as xestións pertinentes para pescudar a identidade dos delincuentes e localizar os autores do atraco.

As mesmas fontes explicaron que por agora tampouco se sabe a canto ascende o botín roubado, aínda que indicaron que se trata dunha cantidade “moi elevada” que podería superar varios miles de euros. Unha patrulla da Policía Local tamén acudiu ao lugar en apoio á Policía Nacional.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...