InicioEconomíaMáis de 200 profesionais da industria espacial reuniranse a partir deste xoves...

Máis de 200 profesionais da industria espacial reuniranse a partir deste xoves en Vigo no New Space España

Analizarán as capacidades do sector, os retos de futuro, as grandes misións espaciais vinculadas á marca España

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 200 profesionais do sector da industria espacial española reuniranse a partir deste xoves, 27 de outubro, en Vigo durante a segunda edición do New Space España organizado por Alén Space, empresa especializada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites.

Baixo a lema ‘O camiño cara ao liderado global’, este congreso acollerá entre o xoves e o venres na Sede Afundación da cidade olívica a expertos relacionados coa industria espacial.

“Cun ambicioso programa de conferencias e mesas redondas, New Space España contará coa participación de máis de 35 relatores de primeiro nivel, que analizarán as capacidades do sector, os retos de futuro, as grandes misións espaciais vinculadas á marca España e as posibilidades de colaboración público-privadas que permitan atraer investimentos a un sector estratéxico”, informou a compañía nun comunicado.

O congreso contará ademais con Indra e GMV como principais patrocinadores, aos que se une o apoio de institucións públicas como a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, a Zona Franca de Vigo ou o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (attlanTTic) da Universidade de Vigo, entre outros.

“Temos unha oportunidade única, aquí e agora, para establecer sinerxías e axuntar vontades para situar ao sector do New Space español como referente e líder global”, subliñou o conselleiro delegado de Alén Space, Guillermo Lamelas.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...