InicioEconomíaO Goberno central pospón a mesa da ciencia pesqueira en Vigo ata...

O Goberno central pospón a mesa da ciencia pesqueira en Vigo ata que se resolva o veto europeo á pesca de fondo

O Ministerio de Pesca está a preparar co Instituto Español de Oceanografía o recurso contra ese veto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno central anunciou que pospón a celebración da mesa da ciencia pesqueira, prevista para este mes de outubro en Vigo, ata que se resolva a resolución do veto europeo á pesca de fondo que prohibe a actividade en 87 caladoiros do Océano Atlántico e que entrou en vigor o pasado domingo 9 de outubro.

Así o confirmou a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant,  no estaleiro vigués Armón. Alí, a ministra xustificou esta decisión porque un dos obxectivos desta iniciativa é “dar conta das resolucións da Comisión Europea á comunidade pesqueira” e, nestes momentos, asegurou, o Goberno “está centrado no recurso”, polo que a mesa posponse “para cando haxa máis información que trasladar”.

“Non hai data porque os acontecementos nolo impediron e o Goberno está a facer fronte á resolución da Unión Europea. Non estamos de acordo. O Ministerio de Pesca está a preparar o recurso co Instituto Español de Oceanografía, é dicir, da man da ciencia porque consideramos que non é incompatible o traballo da frota pesqueira española coa sustentabilidade e a preservación do medio natural”, explicou Diana Morent.

A titular de Ciencia quixo “reafirmar o compromiso” do Executivo central de crear esta mesa da ciencia e a pesca, “unha iniciativa pioneira”, pero, reiterou, “non se vai poder celebrar no mes de outubro”, tras coñecerse a resolución da Comisión Europea sobre o veto á pesca de fondo.

Neste sentido, manifestou que a ciencia traballa “man a man e de xeito conxunto” de maneira interministerial –xunto ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación– para “favorecer que a sociedade teña beneficios do mar de maneira sustentable”. “Ao lado da ciencia, pero tamén ao lado dos pescadores”, insistiu.

Así mesmo, sinalou que a mesa da ciencia pesqueira é un proxecto “dunha altura política que nunca se practicou” en España. Unha iniciativa, continuou, coa cal se poden “pór en común” os intereses, “que non están enfrontados, senón aliñados”, entre a investigación científica e os sectores produtivos que “despois fan unha explotación dos mares e océanos” e que, engadiu, “queren facelo tamén en base á ciencia e o coñecemento porque se xogan o seu futuro e o de todas as xeracións”.

RECURSO

Cuestionada sobre cando presentará o Goberno o recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Diana Morant expuxo que o Executivo “esta traballando nel” e quere que sexa un recurso “de moita solvencia e de moito rigor científico”.

Neste sentido, asegurou que considera que a Unión Europea “se excedeu” e que “hai zonas que se declararon como de preservación fronte á pesca de arrastre que exceden ao que cientificamente apúntase a que é necesario protexer”.

Por iso, insistiu en que o Goberno central “non está a favor” e cre que esta resolución “excede os límites para a preservación do medio ambiente”.

“Somos capaces de preservalo e nós tamén queremos preservalo, pero non coincidimos con esta resolución e estamos a traballar con moito rigor para convencer á Unión Europea de que se equivocan. Oxalá podamos convencelos e traballar con rigor científico e que os sectores produtivos teñan o dereito á explotación sustentable que nós consideramos”, apostilou a ministra de Ciencia.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...