InicioSociedadeA coordinadora de xinecoloxía de Vithas Vigo forma especialistas no tratamento de...

A coordinadora de xinecoloxía de Vithas Vigo forma especialistas no tratamento de miomas por radiofrecuencia

O taller celebrouse no marco do I Congreso da Sociedade Española para o Estudo de Miomas e da Endometriosis (Seeme) en Toledo, coa participación de 250 profesionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coordinadora de xinecoloxía e obstetricia do Hospital Vithas Vigo, a doutora Rosa Darriba Mariño, dirixiu un taller ‘Hands on’ destinado a formar a especialistas de toda España na utilización de radiofrecuencia nas intervencións para a ablación de miomas uterinos. Este taller, codirixido pola doutora María Luisa Cañete, celebrouse no marco do I Congreso da Sociedade Española para o Estudo de Miomas e da Endometriosis (Seeme) en Toledo, coa participación de 250 profesionais.

Tal e como explica Vithas Vigo, os miomas uterinos son tumores xeralmente benignos, que se producen no tecido do útero e o pescozo uterino, formando masas anormais de tecido muscular liso e tecido fibroso. A súa presenza produce, normalmente, sangrado e dor intensa; e pode chegar a causar outras patoloxías debido a que o seu crecemento pode comprimir outros órganos, como a vexiga. Raramente pode resultar maligno.

Neste encontro profesional, a doutoa Darriba moderou, ademais, unha mesa na que se debateu sobre as opcións cirúrxicas minimamente invasivas que se lle poden ofrecer á paciente actualmente.

En concreto, a coordinadora de xinecoloxía de Vithas Vigo destacou que, actualmente, este centro pode “ofrecer todo un abanico de solucións minimamente invasivas”, que inclúen a miomectomía histeroscópica bipolar, a miomectomía laparoscópica virtual asistida polo robot cirúrxico Da Vinci XI, e, tamén, esta técnica, que é “moi rápida, segura e ambulatoria, o que é, sen dúbida, un plus de calidade que se lle ofrece ás pacientes dunha patoloxía tan frecuente como esta”.

Vithas Vigo foi o primeiro hospital de Galicia en incorporar esta técnica, en 2020, obtendo, desde entón “moi bos resultados”, segundo a doutora Darriba Mariño.

A técnica consiste na introdución dun eléctrodo conectado a unha sonda transvaxinal ecográfica ata o interior do mioma. Este eléctrodo vai conectado a un xerador de radiofrecuencia que, mediante calor focalizado, necrosa o tecido do mioma. Este tecido será posteriormente reabsorbido.

Ao non tocar o tecido do útero, só o mioma, non deixa ningún tipo de cicatriz. Ademais, preserva integramente o útero e, demostrouse, en varias series de pacientes que tiveron embarazos despois de someterse a esta técnica, “que os resultados maternos e perinatais son similares a outros embarazos”; ademais, o tempo que pasa despois da intervención ata que se pode tentar un embarazo, é menor, que cunha cirurxía normal.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...