InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa acordan paros parciais para forzar á empresa a negociar...

Traballadores de Vitrasa acordan paros parciais para forzar á empresa a negociar un novo convenio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a compañía concesionaria do transporte urbano da cidade de Vigo, acordaron en asemblea convocar paros parciais para forzar á empresa a negociar un novo convenio colectivo, xa que o actual está caducado desde xaneiro de 2021.

Tal como informaron os sindicatos CIG e UGT, os paros iniciaranse o venres 21 de outubro e desenvolveranse entre as 08,00 e as 09,00 horas; as 14,00 e as 15,00 horas e as 00,00 e as 01,00 horas para o persoal de condución.

Pola súa banda, o persoal de taller parará entre as 11,00 e as 12,00 horas, entre as 17,00 e as 18,00 horas e entre as 00,00 e as 01,00 horas. O administrativo fará o propio entre as 11,00 e as 12,00 horas.

Na asemblea, o comité de empresa expuxo a necesidade de negociar un convenio que, entre outras melloras, actualice os salarios dos traballadores, conxelados desde a caducidade do actual documento. Tamén considerou “imprescindibles” outras melloras no desenvolvemento do traballo, como regular o descanso diario ou reducir a xornada máxima, que na actualidade pode chegar a 10 horas.

Ademais, demandaron uns servizos mínimos “axustados á legalidade”, denunciando que en anteriores ocasións os establecidos polo Concello de Vigo foron declarados “abusivos e vulneradores do dereito á folga” por dous xulgados da cidade.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...