InicioSucesosDetido en Vigo un home de 70 anos por mallar na súa...

Detido en Vigo un home de 70 anos por mallar na súa muller tras pedirlle ela a separación

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, M.L.A. de Redondela e 70 anos de idade, foi detido na madrugada deste xoves en Vigo tras agredir á súa muller, viguesa de 70 anos, tras manifestarlle esta a súa intención de separarse.

Tal como informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar sobre as 02,00 horas, cando os axentes recibiron a chamada dunha muller que aseguraba que fora agredida pola súa parella. Tras levar varios días enfadados, ela comunicoulle a súa intención de separarse, o que provocou a ira do home.

A aludida atopábase no piso do seu cuñado, despois de escapar da súa vivenda pola agresividade do seu home que, segundo contou aos actuantes, colleuna polo pescozo e deulle puñadas por todo o corpo.

Por iso, os funcionarios desprazáronse ao domicilio, onde localizaron ao home, que se negou a abrir a porta. Coas chaves da muller accederon á vivenda e procederon á detención do home pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

O aludido mostrou unha forte resistencia activa á mesma, lanzando puñadas e patadas, chegando a alcanzar cunha delas a un dos axentes.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...