InicioSociedadeO TSXG confirma a validez da prórroga da concesión do servizo de...

O TSXG confirma a validez da prórroga da concesión do servizo de bus urbano de Vigo

Abel Caballero cualifica á FAVEC como "sucursal dun partido" e acusa a quen se opuxeron á prórroga de facer o "ridículo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou sentenza, con data de 23 de setembro de 2022, na que confirma a legalidade da prórroga da concesión do servizo de bus urbano (que ostenta a empresa Vitrasa), acordada polo Pleno do Concello de Vigo en xuño de 2020.

Na súa resolución, o alto tribunal galego estima parcialmente o recurso que interpuxo a Federación Veciñal de Vigo contra unha sentenza previa, de primeira instancia, na que un xulgado vigués declarou que a prórroga era conforme a dereito e que a entidade veciñal non tiña “lexitimidade activa” para impugnar esa prórroga.

Agora, o TSXG estimou que a Federación si está lexitimada para recorrer a decisión porque, entre outras cuestións, interveu no proceso de aprobación dos pregos e forma parte do Consello Municipal de Transportes.

No entanto, con respecto ao fondo do asunto, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comparte os argumentos da xuíza de primeira instancia e determina que “o intento frustrado de aprobar un novo expediente de contratación que finalizase cunha nova adxudicación do contrato levaba necesariamente a prorrogar o contrato orixinal, como así se fixo de forma motivada e dentro do prazo máximo previsto”.

“SUCURSAL DUN PARTIDO POLÍTICO”

O alcalde, Abel Caballero, acolleu con satisfacción esta sentenza do TSXG, e valorou que o alto tribunal “considera adecuada e motivada” a prórroga.

Con respecto á entidade recorrente, o rexedor proclamou que “todos saben que a FAVEC é a sucursal dun partido político”, e tamén afeou aos partidos da oposición (PP, Marea e BNG, que se opuxesen a esa prórroga. Ao seu xuízo, tanto a Federación Veciñal como esas formacións políticas quedaron “desautorizadas” polo TSXG.

“A actuación do Concello foi impecable, de acordo con lei”, proclamou, antes de preguntar “quen vai dimitir agora”. “Nós dedicámonos a gobernar, e eles fan o ridículo”, resolveu.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...