InicioEconomíaO comité de Vitrasa proporá novas mobilizacións para forzar que a empresa...

O comité de Vitrasa proporá novas mobilizacións para forzar que a empresa negocie un novo convenio colectivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, compañía concesionaria do transporte urbano de Vigo, proporá aos traballadores retomar as mobilizacións co obxectivo de forzar á compañía a negociar un novo convenio colectivo, debido a que o actual está caducado desde finais de 2020.

Tal como denunciou a CIG nun comunicado, a dirección négase a actualizar as condicións laborais a pesar de que o número de viaxeiros segue crecendo, situándose xa en cifras anteriores á pandemia.

“A pesar deste incremento, a empresa segue enfocada en non negociar un novo convenio e insiste en rebaixar os salarios dos traballadores, esta vez vía xudicial ao recorrer o laudo arbitral que lle impediu reducilos no mes de xullo”, lamentou a organización sindical.

Por iso, levarán a cabo asembleas cos empregados para analizar a situación e convocar novas protestas. Decisión que o cadro de persoal adoptará a través dunha votación o vindeiro xoves, 6 de outubro.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...