InicioPolíticaMarea de Vigo pedirá ao Pleno municipal situarse contra "as rebaixas fiscais...

Marea de Vigo pedirá ao Pleno municipal situarse contra “as rebaixas fiscais para ricos”

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, lamentou que "as vacacións fiscais" para as persoas máis ricas póidanse implantar tamén en Galicia "da man do presidente Rueda", o que supón replicar o "modelo populista de Díaz Ayuso, Moreno Bonilla ou López Miras".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo levará ao próximo Pleno da cidade unha moción para instar á Corporación a situarse contra “as rebaixas fiscais para ricos” que o PP está a aprobar nalgunhas Comunidades Autónomas.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, lamentou que “as vacacións fiscais” para as persoas máis ricas póidanse implantar tamén en Galicia “da man do presidente Rueda”, o que supón replicar o “modelo populista de Díaz Ayuso, Moreno Bonilla ou López Miras”.

Segundo sinalou, en Galicia recádanse 66,6 millóns ao ano a través do imposto sobre o patrimonio, que grava a 7.646 persoas que suman unha riqueza de case 50.000 millóns. Esa recadación, incidiu, “está moi por baixo do que debería”, e esta situación “é crónica”.

Na súa moción, Marea de Vigo denuncia “unha verdadeira rebelión dos ricos”, apoiados pola dereita e a ultradereita, para “profundar máis nesta inxustiza fiscal”, polo que insta o Concello de Vigo a situarse e esixir ao Goberno central unha modificación do imposto (cuxo rendemento está cedido ás Comunidades Autónomas) para que sexa un tributo “máis progresivo”, e que se elimine a posibilidade de bonificacións.

Tamén reclama á Xunta de Galicia que non elimine este imposto e non siga “a senda” doutras rexións gobernadas polo PP, como Murcia, Madrid ou Andalucía.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...