InicioCulturaO Ciclo Xacobeo Vigo reuniu 6.000 persoas en media ducia de concertos

O Ciclo Xacobeo Vigo reuniu 6.000 persoas en media ducia de concertos

As actuacións tiveron lugar no interior e na terraza do Auditorio Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A primeira edición do Ciclo Xacobeo Vigo, que se pechou o pasado fin de semana coa actuación de Mayumaná, reuniu no Auditorio Mar de Vigo unhas 6.000 persoas, segundo informaron fontes do propio Auditorio.

Por este ciclo, no que se combinaron actuacións no interior e na terraza do auditorio, pasaron grupos e artistas da talla de Texas, que esgotou as entradas varias semanas antes da súa actuación; ou o guitarrista Steve Vai.

Tamén formaron parte do cartel o multiinstrumentista bretón Yann Tiersen, os neozelandeses Fat Freddy’s Drop e os cubanos Cimafunk. O ciclo pechouse o pasado domingo con Mayumaná, que presentaron no Mar de Vigo o seu espectáculo ‘Currents’.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...