InicioCulturaKitty, Daisy & Lewis: unha viaxe no tempo dun século ata Vilar...

Kitty, Daisy & Lewis: unha viaxe no tempo dun século ata Vilar de Mouros

A localidade portuguesa de Caminha vibra cos mellores artistas desde o país veciño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Considéranse dignos de eloxio a aqueles artistas que se adiantaron á súa época e crearon pezas que un facilmente podería situar unha ou dúas décadas despois.

Pero, agora que a música avanzou o impensable, e tantos xéneros e artistas parecen morrer de esgotamento, o contexto é favorable para que certas bandas busquen o contrario: viaxar atrás no tempo. 

E o fácil sería parecer dos 90. Pero Kitty, Daisy & Lewis (o nome do grupo xa resulta toda unha declaración de intencións) van moito máis aló, buscando a inspiración na música dos 50 e 60.

Kitty, Daisy y Lewis no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

O seu homónimo álbum de debut acadou un éxito fulgurante, e todo cando algúns dos membros da banda aínda andaban pola adolescencia. O paradoxal é que, trala súa última entrega, Superscope, a crítica musical lles criticara perder aquilo que con tanto traballo foran buscar a outro século: a autenticidade, a frescura.

Kitty, Daisy y Lewis no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Poñendo sobre a mesa unha vez máis a importancia de repensar o camiño e regresar ao comezo, ás raíces.

Kitty, Daisy y Lewis no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Pero no escenario do Festival de Vilar de Mouros (concello de Caminha, Portugal) ofreceron de novo todo aquilo que lles fixo grandes, ou cando menos especiais, que de iso se trata na arte.

Kitty, Daisy y Lewis no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Encargáronse de pechar a segunda das tres xornadas do Festival Vilar de Mouros. Aínda quedan por saír á escena John Cale, Los Lobos, James…

Kitty, Daisy y Lewis no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...