InicioSociedadeCaballero carga contra a Xunta: "Non soporta que Vigo teña biblioteca do...

Caballero carga contra a Xunta: “Non soporta que Vigo teña biblioteca do Estado”

O alcalde presume das axudas municipais para material escolar, que superan en 25 euros ás da Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “que explique que pasou” no encontro entre o ministro Iceta e o conselleiro Román Rodríguez de hai uns días e que “desautorice” o titular de Cultura por pór “dificultades, pegas e paus na roda” á construción dunha biblioteca do Estado na cidade olívica.

Segundo informou o rexedor en rolda de prensa, remitiu unha carta ao presidente galego para que aclare cal foi a mensaxe transmitida por Román Rodríguez a Miquel Iceta, e que “desminta” que o conselleiro pediu ao ministro que priorizase outras actuacións.

“Está a volver a pasar o que pasou con Feijóo e a autovía Vigo-O Porriño, cando lle dixo á ministra de Transportes que non a fixese e aforrase 300 millóns”, denunciou Abel Caballero, quen asegurou que “a Xunta non soporta que Vigo teña biblioteca do Estado”. “E ímola ter, porque a vai facer o Goberno”, incidiu.

BOLSAS DE LIBROS E COMEDOR

Por outra banda, o rexedor referiuse ao anuncio feito polo presidente Alfonso Rueda sobre o aumento da contía para axudas de material escolar para familias vulnerables, que pasa de 50 a 75 euros, e puntualizou que en Vigo tamén existen esas axudas, e son superiores.

“Nós tamén damos, damos 100 euros (…), parece que Rueda anunciou algo extraordinario, e son 25 euros menos que nós”, aseverou o alcalde, tras lembrar que o goberno local tramitará un crédito extraordinario de 5,2 millóns de euros para pagar os libros de texto a todo o alumnado de Primaria e da ESO da cidade (205 euros por estudante, independentemente da súa renda).

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...