InicioSucesosDesmantelado un centro de distribución de drogas en Vigo

Desmantelado un centro de distribución de drogas en Vigo

Envían a prisión a un home que transportaba 900 gramos de cocaína e case 4.000 euros en efectivo no seu coche

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo detivo na cidade olívica a un home que transportaba 900 gramos de cocaína no seu coche e ata 3.750 euros en efectivo, ademais dun quilogramo de sustancias de corte da droga e múltiples útiles de adulteración e distribución.

Tal como informaron os axentes nun comunicado, esta intercepción foi froito dunha investigación que se centrou sobre unha persoa que podería ser a responsable dun importante nó de distribución entre provedores e vendedores finais de cocaína, utilizando para iso un trasteiro dun céntrico edificio de Vigo.

O investigado foi ‘cazado’ cando se dispuña a saír da garaxe do inmoble, comprobando que no interior do vehículo que conducía portaba ocultos case 900 gramos de cocaína. Ademais, confirmouse que o trasteiro se utilizaba como un laboratorio de disgregación, adulteración e distribución de cocaína. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, que decretou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...