InicioSociedadeRecollen sinaturas na Guarda para a iniciativa popular en defensa da sanidade...

Recollen sinaturas na Guarda para a iniciativa popular en defensa da sanidade pública

Informan ademais de que seguirán recollendo firmas durante os próximos meses para que os resposables da situación "perciban con claridade o clamor social existente fronte a unha situación dramática".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda iniciou este sábado a recollida de firmas de apoio á lei de iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa da sanidade pública galega que levan a cabo por toda Galicia as diversas plataformas e organizacións integradas en SOS Sanidade Pública.

Tal e como explican nun comunicado, as plataformas buscan con esta iniciativa “impulsar medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primase para salvala da situación actual” debido ao proceso de “privatización e desmantelamento da sanidade”.

Os promotores da iniciativa consideran que a Xunta de Galicia debe “recuperar” os recursos humanos recortados para poder garantir a accesibilidade aos centros de saúde, “desmasificar” as consultas, acabar coas listas de espera e mellorar as condicións laborais do persoal.

Informan ademais de que seguirán recollendo firmas durante os próximos meses para que os resposables da situación “perciban con claridade o clamor social existente fronte a unha situación dramática”.

ÚLTIMAS

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha...

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...