InicioPolíticaO BNG recolle firmas en Vigo en apoio dunha iniciativa popular en...

O BNG recolle firmas en Vigo en apoio dunha iniciativa popular en defensa da sanidade pública

"Se funciona ben a sanidade pública non é posible engordar a sanidade privada", din.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) iniciou unha recollida de firmas a pé de rúa en Vigo en apoio a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola defensa da sanidade pública galega e contra o “desmantelamento” da Atención Primaria.

Neste sentido, o BNG chamou aos galegos a sumarse a esta iniciativa, impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública, que reclama reforzar o sistema sanitario público e unha rectificación da “política de recortes e privatización” da Xunta.

“A folla de ruta do PP durante 13 anos na Xunta foi tomar medidas para a deterioración da sanidade pública, especialmente da Atención Primaria, porque se funciona ben a sanidade pública non é posible engordar a sanidade privada“, denunciou a portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, que participou na recollida de firmas xunto ao portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas.

Así, Prado pediu aos cidadáns que non se resignen fronte a esta “sanidade de mínimos”. “Quérennos convencer de que esta situación é normal, pero non podemos aceptar este permanente desmantelamento do sistema público, porque hai alternativas”, lamentou.

A nacionalista criticou as palabras do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que afirmou que a situación na Atención Primeira este verán foi de relativa tranquilidade, agás algún problema puntual.

É indecente que o máximo responsable do Goberno de Galicia diga iso despois de pechar centros polas tardes, de ter dúas e tres profesionais facendo o traballo de sete ou oito, sen practicamente servizos de pediatría, cos profesionais sanitarios ao límite e cunha desatención continua que derivou no colapso dos servizos de urxencias”, engadiu.

Entre outras medidas, Prado urxiu un aumento do orzamento sanitario e que se estableza un plan para captar os profesionais que marchan ou traballan na sanidade privada.

Na mesma liña falou Pérez Igrexas, quen animou aos vigueses a que se somen a esta iniciativa popular para “mandarlle unha mensaxe clara e rotunda ao PP” de que existe unha “ampla oposición” ás súas políticas sanitarias.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...