InicioSucesosXa é a cuarta vez que en dúas veces que o apañan...

Xa é a cuarta vez que en dúas veces que o apañan collendo ameixa ilegal… e continúa

Ten 77 anos e xa foi avisado en varias ocasións da súa ilegalidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron esta semana, en dúas ocasións, a un veciño da cidade, M.A.M., de 77 anos de idade, por extraer ameixa de forma ilegal na zona de Teis, onde esta actividade está vedada pola presenza de toxina.

Segundo informaron fontes policiais, este veciño (que foi sorprendido dúas veces a semana pasada extraendo ameixa nesa mesma zona) foi identificado o pasado luns ao mediodía na praia da Punta, en Teis. O home, a pesar de que xa fora apercibido en dísa pasados e sabía que había toxina na zona, acababa de extraer case 2 quilos de ameixas.

Ao día seguinte, na mesma zona, volveu ser sorprendido realizando esta actividade. Nesa ocasión interviñéronselle 2,2 quilos de ameixa.

Por outra banda, a Policía Local tamén tramitou dilixencias con respecto a outro home, un veciño de Redondela, A.C.L., de 42 anos, que foi sorprendido o luns na praia de Mende, tamén en Teis, recollendo ameixa se ter autorización. No seu caso, interviñéronselle case 5 quilos do molusco.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...