InicioSociedadeO BNG pide ao Concello que investigue a "alarmante" presenza de bacterias...

O BNG pide ao Concello que investigue a “alarmante” presenza de bacterias fecais en Samil

Pide acceso ao expediente íntegro para coñecer en detalle a situación que levou a desaconsellar o baño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo solicitou ao Concello que investigue a orixe da elevada presenza de bacterias fecais nun tramo da praia de Samil, á altura do areal da Argazada.

O BNG pediu acceso ao expediente íntegro para coñecer en detalle a situación que levou a desaconsellar este pasado sábado o baño neste tramo e chamou á concellaría de Medio Ambiente a actuar “con dilixencia” para aclarar a causa da contaminación.

Para o concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, esta situación é “alarmante” pola elevada presenza de bacterias fecais.

“Este tipo de presenzas bacteriolóxicas foron frecuentes nas inmediacións da desembocadura do Lagares, por algunha parada ou problema da estación depuradora de augas residuais (EDAR). Pero neste tramo xa tan avanzado debéronse historicamente a verteduras directas de augas sen depurar, nalgúns casos con orixe do antigo hotel Samil”, indicou Igrexas.

Segundo el, os primeiros indicios apuntan precisamente a unha vertedura de augas non depuradas como a causa do problema, polo que desde o Bloque demandaron unha investigación urxente para aclarar os motivos e as responsabilidades. Ademais, solicitaron un control “máis exhaustivo” para evitar verteduras incontroladas.

Desaconsellan o baño no tramo central de Samil por niveis elevados de bacterias

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...