InicioSociedadeDesaconsellan o baño no tramo central de Samil por niveis elevados de...

Desaconsellan o baño no tramo central de Samil por niveis elevados de bacterias

O Concello xa instalou sinais para avisar aos bañistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias desaconsellan o baño no tramo central da praia de Samil debido á detección de niveis de bacterias que superan os parámetros recomendados.

A recomendación afecta unicamente a zona central do areal vigués, onde o Concello xa instalou sinais nos que se informa aos usuarios da praia de que o baño nesta área non está aconsellado.

Segundo informou este sábado a Consellería de Sanidade, as análises periódicas que leva a cabo durante a campaña de verán a Dirección Xeral de Saúde Pública detectaron no seu último control a presenza das bacterias Enterococco intestinal e de Escherichia coli en valores por enriba dos niveis recomendables para o baño.

A xefatura territorial de Sanidade en Pontevedra remitiu esta semana o resultado destas análises ao Concello de Vigo, que procedeu á instalación dos sinais informativos no areal. A recomendación non afecta as marxes esquerda e dereita da praia, onde as análises realizadas reflicten valores dentro do normal.

Sanidade levará a cabo novas probas nos próximos días para confirmar se se mantén esta contaminación puntual.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...