InicioSucesosInvestigado un veciño de Gondomar por deixar morrer de inanición dúas ovellas...

Investigado un veciño de Gondomar por deixar morrer de inanición dúas ovellas e unha cabra

O home asegurou que non puidera atendelos por motivos de saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu dilixencias de investigación penal con respecto a un veciño de Gondomar, de 51 anos de idade, que supostamente deixou morrer de inanición a dúas ovellas e unha cabra da súa propiedade, e cuxos cadáveres foron localizados no oco pechado dunha escaleira exterior.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o Seprona iniciou a investigación tras recibir un aviso da Policía Local de Gondomar, que informou da sospeitosa morte de dúas ovellas nunha parroquia deste municipio. Os efectivos do Seprona realizaron unha inspección na leira e, nun oco pechado baixo unha escaleira exterior, localizaron os cadáveres de dúas ovellas en avanzado estado de descomposición, así como os restos momificados dunha cabra.

Persoal técnico do servizo de Sanidade Animal da Xunta acudiu ao lugar para determinar as posibles causas das mortes, e valoraron que a hipótese máis probable é que os animais morresen por inanición. A investigación concluíu coa identificación do propietario dos animais, que argumentou que non puidera atendelos por motivos de saúde e que estes acabaron morrendo cando se lles terminou a comida e a auga que lles deixou.

As dilixencias foron trasladas ao xulgado de instrución de garda en Vigo, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido pola autoridade xudicial, por un suposto delito de malos tratos animais.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...