InicioSociedadeEsgotadas "en tres minutos" as 2.000 entradas adicionais postas á venda para...

Esgotadas “en tres minutos” as 2.000 entradas adicionais postas á venda para o concerto de Muse en Vigo

O aforamento total para a actuación da banda británica, que terá lugar este xoves no estadio municipal Abanca Balaídos, será de 17.000 persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As 2.000 entradas adicionais postas á venda este mércores para o concerto de Muse en Vigo esgotáronse “en tres minutos”, segundo confirmou a delegada territorial da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias.

Así, o aforamento total para a actuación da banda británica, que terá lugar este xoves no estadio municipal Abanca Balaídos, será de 17.000 persoas, tras a venda en xullo pasado doutros 15.000 billetes (que tamén se esgotaron en menos de 24 horas).

“É o mellor exemplo de que estamos ante o evento musical de maior importancia do ano en Galicia”, sinalou Fernández-Tapias, quen engadiu que “non hai mellor maneira de celebrar o regreso dos grandes concertos a Balaídos máis de 20 anos despois”.

As 2.000 entradas adicionais puxéronse á venda ‘en liña’ ás 10,00 horas deste mércores, despois de que se aprobase a modificación do plan de autoprotección do concerto para dar cabida a máis público.

O pasado fin de semana iniciouse a montaxe do escenario, no que participan 450 traballadores. O estadio vigués disporá de 150.000 w de iluminación e 40.000 w de son, ademais de 473 focos e máis de 120 altofalantes. A actuación de Muse, prevista para as 22,15 horas, estará precedida polos concertos de dous grupos teloneiros: os vigueses The Killer Barbies (20,00 horas) e os ingleses Years&Years (21,00 horas).

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...