InicioSociedadeAbel Caballero tacha de "chapuza" as obras da Xunta na PO-330: "É...

Abel Caballero tacha de “chapuza” as obras da Xunta na PO-330: “É rirse da xente”

Advertiu de que a actuación do goberno galego é unha "neglixencia" e o que fai "terá que ser tirado todo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tachou este martes de “chapuza” as obras de mellora da seguridade viaria que a Xunta está a acometer na PO-330 entre Pereiró e Valadares (viaria de titularidade autonómica) porque só se actuará na superficie e deixarán o “subsolo putrefacto”.

Así o manifestou o rexedor nunha rolda de prensa, na que denunciou que “nas humanizacións, o importante é o que está debaixo”, é dicir, saneamento, abastecemento, cableados, etc., pero “a Xunta só vai facer o que se ve”. “É unha chapuza indecente, que raia no ataque ao medio ambiente. É rirse da xente de Pereiró, da xente de Vigo, porque van deixar o subsolo putrefacto”, advertiu.

Por outra banda, lembrou que xa en febreiro pasado o Concello pediu á Xunta que paralizase a actuación e ofreceuse a pór os recursos para completar a obra actuando baixo a superficie. Mesmo, salientou, con disposición a facerse coa titularidade do viario e asumir o custo completo dos traballos. “Pero non nos contestaron”, constatou.

Caballero reiterou que o Concello non permitirá que a Xunta “trate aos veciños de Pereiró como cidadáns de segunda” e advertiu de que a actuación do goberno galego é unha “neglixencia” e o que fai “terá que ser tirado todo” porque o Concello fará as obras de saneamento e abastecemento.

Precisamente, nas últimas horas, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou as obras en Pereiró e convidou o Concello a realizar as melloras de saneamento e abastecemento neste momento, para ter que levantar de novo a estrada posteriormente.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...