InicioSociedadeA Xunta presume da VAP Tui-A Garda, "un desafío para a enxeñaría"

A Xunta presume da VAP Tui-A Garda, “un desafío para a enxeñaría”

Porá en servizo un novo tramo da VAP Tui-A Guarda a mediados de 2023, tras un investimento de 21 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Vía de Altas Prestacións (VAP) entre Tui e A Guarda contará cun novo tramo en servizo a partir de mediados de 2023, que permitirá a conexión entre o polígono empresarial de Areas en Tui e a autovía A-55.

Así o avanzou este martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou, xunto coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o avance das obras neste tramo, de 600 metros, no que se investiron 21 millóns de euros.

Rueda subliñou que este viario é unha “infraestrutura vital” para o desenvolvemento do Baixo Miño e facilitará a actividade do polígono industrial de Areas, que “agora mesmo está completo”.

O tramo que entrará en servizo supuxo, segundo destacou o presidente galego, “un desafío para a enxeñaría”, xa que enlaza sobre unha glorieta elevada unha vía cara a un polígono industrial, unha autovía internacional, unha estrada nacional (N-551) e unha estrada autonómica (PO-552).

Para levar a cabo a obra, que se atopa ao 40 % de execución, a Xunta “está a facer unha das maiores apostas orzamentarias dos últimos anos en estradas”, incidiu. Alfonso Rueda reafirmou o compromiso do goberno autonómico para continuar a construción da totalidade da VAP, na que se investiron xa máis de 80 millóns de euros. Así, este outono prevese que estea lista a Declaración de Impacto Ambiental para continuar a Vía de Alta Capacidade ata Goián (Tomiño), e avanzar na ligazón desde Areas ata a PO-350 en Sobrada (Tomiño).

O titular do Executivo galego puxo en valor a aposta da Xunta por “vertebrar” o territorio a través das infraestruturas e lembrou que, desde 2009, construíronse uns 220 quilómetros de vías de alta capacidade na Comunidade. “Isto supón que oito de cada dez galegos viven hoxe a menos de 15 minutos dunha vía deste tipo”, salientou.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...