InicioSucesosFerido un ciclista en Nigrán que caeu da bicicleta ao ser atacado...

Ferido un ciclista en Nigrán que caeu da bicicleta ao ser atacado por un papagaio

O home asegura que esa mesma ave xa o agrediu noutras ocasións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un ciclista resultou ferido a última hora deste xoves en Nigrán tras caer da bicicleta ao ser atacado por un papagaio que, segundo contou aos servizos de emerxencias, xa o agrediu noutras ocasións.

Segundo informou o 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 19,30 horas deste xoves no quilómetro 12 da PO-325, ao seu paso por Panxón. Un particular chamou a emerxencias para pedir asistencia sanitaria para o ciclista, ao que atopou tendido na estrada e non respondía.

Ata a zona desprazouse unha ambulancia do 061, que asistiu o ferido. A vítima asegurou que se caeu da bicicleta porque fora atacado por un papagaio e que este “xa actuara noutras ocasións” con anterioridade. Tamén se achegou ao lugar unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...