InicioSociedadeO Rosal rende homenaxe a seis veciños represaliados asasinados en 1936

O Rosal rende homenaxe a seis veciños represaliados asasinados en 1936

Os actos previstos están organizados pola Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, en colaboración co Concello do Rosal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, en colaboración co Concello do Rosal, celebra este fin de semanas diversos actos para render homenaxe a varios veciños asasinados en 1936 “por defender a liberdade e a democracia”.

Así, este sábado lembrarase cun acto ás 20,00 horas no Penedo do Horizonte a seis represaliados asasinados en Portecelo; mentres que o domingo se inaugurará ás 12,00 horas, na sala de exposicións do Concello, unha mostra sobre os traballos de exhumacións realizados polo Instituto de Estudos Miñoranos en San Xián, en 2009.

Eses traballos permitiron a localización de cinco corpos, dos que catro foron identificados: Joaquín de la Iglesia Portela, natural de Nigrán; e os gondomareños Manuel Prudencio do Rosario, Abilio Araújo Barboza e Jesús ‘O Palero’.

Este cinco persoas, xunto co exalcalde da Guarda, Manuel Noia Gil, que tamén foi torturado e executado nese lugar, serán lembradas no acto do sábado, con presenza das súas familias e de alcaldes de varios municipios.

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...