InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de pagar voos a Ryanair desde Lavacolla e...

Caballero acusa á Xunta de pagar voos a Ryanair desde Lavacolla e o PP acúsao de mentir

"Outra vez a Xunta contra Vigo", denuncia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a aerolínea Ryanair “recoñece que recibe pagos por operar os seus voos desde Santiago“, e que eses pagos proceden da Xunta de Galicia, e reiterou que o goberno galego subvenciona así rutas desde Lavacolla mentres que non paga “nin un só céntimo” para voos que operen no aeroporto vigués de Peinador.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico manifestou que a empresa “recoñece” que recibe pagos por operar en Lavacolla e engadiu: “Non culpo a Ryanair, nin sequera que a Xunta subvencione voos desde Santiago, pero non paga un só céntimo para voos desde Vigo”.

“É a Xunta contra Vigo“, proclamou Caballero, que criticou o silencio do PP de Vigo e da delegada territorial da Xunta (e candidata á alcaldía da cidade), Marta Fernández-Tapias, que “está caladiña,caladiña, sen denunciar este escándalo”.

Pola súa banda, Fernández-Tapias acusou ao rexedor de “mentir” para tratar de “desviar a atención” do seu fracaso na xestión de axudas municipais ás aerolíneas, e lembrou que nada se sabe do concurso anunciado hai case un ano para atraer rutas a Peinador.

“A súa xestión do concurso público de voos é desastrosa e a única maneira que ten de ocultalo é culpar ao goberno galego”, apuntou a presidenta do PP vigués, que insistiu en que a Xunta de Galicia non subvenciona desde 2013 a ningunha compañía aérea, momento no que finalizou un acordo asinado polo bipartito PSdeG-BNG.

Con todo, denunciou, o goberno local de Caballero leva anos dedicando diñeiro público a subvencionar compañías aéreas, “cunha total falta de transparencia” e, tras prometer voos internacionais este verán, “fracasou de novo”.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...