InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo tras partir papeleiras e o cristal dun coche cun...

Detido en Vigo tras partir papeleiras e o cristal dun coche cun pau

Está acusado de desobediencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, N.M.M.C. de República Dominicana e 33 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado mércores en Vigo tras romper varias papeleiras e fracturar a lúa traseira dun coche que se atopaba aparcado. Tal como informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar pasadas as 01,45 horas, cando varias testemuñas informaron os axentes de que na rúa Portela un individuo estaba a causar danos no mobiliario público e nos vehículos aparcados cun pau de madeira.

Unha vez no lugar, os actuantes localizaron ao home, que tratou de ausentarse do sitio para evadir a súa identificación. Debido á súa conduta, os funcionarios suxeitárono, momento no que comezou a realizar espaventos e a lanzar patadas, que foron bloqueadas polos policías.

Tras ser identificado as testemuñas que viron a súa conduta e comprobar os danos causados, observando varias papeleiras arrincadas da súa base, un colector envorcado e un vehículo coa lúa traseira rota, o home foi detido pola suposta comisión dun delito de danos ao patrimonio público e privado e desobediencia grave.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...