InicioSociedadeDescartada a contaminación da auga na Freixa, segundo o Concello de Ponteareas

Descartada a contaminación da auga na Freixa, segundo o Concello de Ponteareas

Os últimos resultados revelan "unha boa calidade nas augas de baño".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As análises da confederación hidrográfica descartan a contaminación da auga na Freixa, segundo destaca o Concello de Ponteareas, que sinala que os últimos resultados revelan “unha boa calidade nas augas de baño”, tras as manchas aparecidas nos últimos días na superficie da auga da praia fluvial.

Os técnicos non detectaron ningunha vertedura de augas residuais na súa inspección e os resultados descartan a proliferación de cianobacterias, apunta.

“Detectouse unha presenza insignificante e maioritariamente procedente de algas verdes”, di e agrega que “as indicacións técnicas sinalan que a mancha se trata dunha fina película de elementos naturais como po e pole“.

En canto á recomendación da Xunta de non bañarse na praia fluvial da Freixa, asegura que se trata da clasificación sanitaria final de 2021, “consecuencia dun cálculo que realizan cos resultados dos controis de anos anteriores”.

“Isto non implica en ningún caso que exista unha contaminación de auga nesta tempada de baño”, puntualiza, antes de transmitir “tranquilidade” aos veciños e animalos a “gozar do espazo natural” que brinda o río Tea.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...