InicioEconomíaFaise efectivo o despedimento de 100 traballadores de Barreras, que queda con...

Faise efectivo o despedimento de 100 traballadores de Barreras, que queda con tan só 20 empregados

O persoal asegurou a súa intención de recorrer esta decisión xudicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O despedimento de 100 empregados do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras fíxose efectivo este luns, tal como informaron fontes do comité de empresa, despois de que o Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, acordase a semana pasada a extinción, con data a 1 de agosto, dos contratos dun cenyo de empregados da compañía, que está en fase de liquidación tras ser declarada en concurso voluntario.

A pesar de que os empregados aseguraron a súa intención de recorrer esta decisión xudicial, os despedimentos leváronse a cabo. A resolución do Mercantil número 3 afecta tamén a outras dúas empregadas que realizan labores administrativos e que seguirán en activo ata que sexa solicitado pola Administración Concursal, pois os seus postos son necesarios para este período de liquidación.

Segundo o disposto polo xulgado, os afectados por este despedimento colectivo mantivéronse en expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) ata este pasado domingo e serán indemnizados con 20 días por ano traballado.

A maxistrada tomou esta decisión unha vez quedaron acreditadas, segundo explicou, “as causas económicas e produtivas motivadoras da medida interesada, consistente na extinción colectiva dos contratos de traballo de 102 traballadores do persoal”.

O peche de Barreras suporá o despedimento de 100 dos seus 120 traballadores, despois de que Astilleros Armón adquirise a unidade produtiva da compañía e acordase contratar a 20 dos seus empregados.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...