InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo repartiu 835.000 quilos de comida no...

O Banco de Alimentos de Vigo repartiu 835.000 quilos de comida no primeiro semestre entre 22.000 persoas vulnerables na provincia

"A fame non colle vacacións", advirten.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo entregou máis de 835.000 quilos de comida entre as 22.000 persoas vulnerables ás que atendeu na provincia de Pontevedra durante o primeiro semestre deste ano.

Tal como informou a organización, a través das máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballa entregou entre xaneiro e xuño máis de 835.000 quilos de alimentos.

“Pese ao actual contexto de crise económica, todos os nosos esforzos pretenden reverter a tendencia á baixa das doazóns e seguir mellorando a denominada cesta básica de alimentos”, subliñou a entidade.

Ademais, en xuño o Banco de Alimentos distribuíu 278.000 quilos de comida procedentes do Fondo Europeo de Axuda Europea para os Máis Desfavorecidos (FEAD), xestionado e impulsado por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Desde a asociación lembraron que “a fame non colle vacacións”, polo que os seus voluntarios seguirán en agosto xestionando e repartindo produtos frescos doados diariamente por parte de distintos supermercados.

Banco de Alimentos de Vigo tamén agradeceu ao Concello da cidade a subvención de 83.000 outorgada para facer fronte a unha parte dos gastos xerados polas súas instalacións do barrio de Lavadores. O ano pasado, a organización repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...