InicioCulturaAs entradas para o concerto de Leiva en Vigo saen á venda...

As entradas para o concerto de Leiva en Vigo saen á venda o vindeiro martes

Terán un prezo de 10 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As reservas de entradas para o concerto de Leiva en Vigo –que terá lugar o 4 de agosto– habilitaranse o martes 26 de xullo.

Segundo explicou o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, habilitaranse 3.000 reservas en liña e 2.000 presenciais –no despacho de billetes do Concello–.

Concretamente, ás 10,00 horas habilitaranse 1.500 en liña e outras 1.500 presenciais, e xa ás 17,00 horas, as restantes. Terán un prezo de 10 euros.

Leiva actuará no auditorio de Castrelos o vindeiro xoves 4 de agosto, un dos “concertazos” –como o propio alcalde definiu– que están previstos que se celebren en Vigo durante este verán.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...