InicioVal MiñorBaionaQuico Cadaval ofrécelle a Ángel Rodal un "curso de alfabetización, pero non...

Quico Cadaval ofrécelle a Ángel Rodal un “curso de alfabetización, pero non gratuíto”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O actor e dramaturgo Quico Cadaval responde nun audio publicado en Luzes.gal aos feitos acontecidos en Baiona co Partido Popular, despois da pasada actuación onde criticaron abertamente a utilización do “dialecto” galego en época estival, xa que ao seu entender a vila baionesa atopáse nestes momentos “llena de residentes de segundas viviendas en Baiona” considerando unha falta de respeto que se programasen actuacións na vila en galego, por unha cuestión de “discriminación”

O monólogo de Cadaval explicaba, a través de historias, o concepto galego de “saudade”.

Cadaval destaca no artigo publicado por Luzes, a boa acollida que tivo o espectáculo por parte do público, en contraste coa actitude do partido, que censurou o uso da lingua galega e describiuna como «dialecto».
Noutro punto da súa intervención califica de “cobardía” o feito de «Botarlle a culpa a esa moza ou mozo (que xestiona as redes sociais do PP de Baiona) do que procede unicamente da súa carraxe por non estar no poder paréceme de infames e de covardes. A ignorancia pódese corrixir, pero a necidade non», valora o artista.

Finalmente Cadaval ofreceulle a Ángel Rodal (ex-alcalde de Baiona e lide do PP local) « un curso de alfabetización, pero neste caso non sería gratuíto, tería que cobrar e moito porque para desasnar a esa xente hai moto que avanzar».

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...