InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden a retirada da simboloxía franquista nas igrexas de Nigrán

Piden a retirada da simboloxía franquista nas igrexas de Nigrán

Lembra o Ateneo que xa en 2014 a Corporación municipal de Nigrán considerou oportuno solicitar á Diócese de Tui-Vigo o cumprimento da Lei de Memoria Histórica

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coincidindo co aniversario do golpe militar do 18 de xullo de 1936, Lucenza- Ateneo de Nigrán ven de enviar unha carta ao Bispo de Tui, Luis Quinteiro Fiuza, reclamándolle compromiso e cooperación para a retirada da simboloxía franquista presente aínda en todas as igrexas parroquiais do municipio.

Trátase de placas e inscricións colocadas nos muros exteriores das igrexas, nas que figura o nome do dirixente falanxista José Antonio Primo de Rivera e mesmo nalgún caso o símbolo fascista do xugo e as frechas, ademais de referencias  aos “caídos na Cruzada de 1936 a 1939” e o “Ano da Vitoria”, o que supón un claro enaltecemento do bando franquista.

Para Lucenza estas simboloxías son elementos contrarios á memoria democrática, proxectados a espazos de uso público e que supoñen un agravio permanente ás vítimas da represión exercida na comarca polos golpistas do 36 e polo réxime da ditadura franquista.

Por iso o Ateneo de Nigrán solicita ao Bispado, como xesto claro de compromiso democrático, que tome a iniciativa da retirada deses símbolos ou solicite canto antes a cooperación das administracións públicas para dito cometido.

Lembra o Ateneo que xa en 2014 a Corporación municipal de Nigrán considerou oportuno solicitar á Diócese de Tui-Vigo o cumprimento da Lei de Memoria Histórica no seu patrimonio de Nigrán, mais nestes oito anos en nada ten cambiado a situación.

Lucenza fai un chamamento ao Concello de Nigrán para que, tamén dende esta institución, se realicen todas as xestións necesarias co Bispado co obxectivo de colaborar e axilizar a retirada efectiva destes símbolos, acordando e esclarecendo todas as cuestións que sexan precisas (elaboración de proxectos de intervención, plan de financiamento dos traballos, obtención das autorizacións e informes de patrimonio pertinentes, etc.).

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...